Somos o Club Atlético San Pedro, equipo de fútbol fundado en 1952 na parroquia de Nós.
Coñecedores do crecemento que está a ter o CEIP Juana de Vega, e sendo nós unha entidade da mesma parroquia, gustaríanos ser participes do mesmo, pois consideramos que temos moito que aportar ao proxecto educativo do centro.
Unha parte esencial da nosa actividade é o fomento da actividade veciñal, sendo partícipes activos da rede social do noso Concello en xeral, e da parroquia de Nós en particular. A través da nosa actividade organizando as festas do San Marcos, as colaboracións habituais coa Asociación de Veciños Os Rueiros e o grupo de baile e gaitas Os Rueiriños de Nós, a nosa actividade deportiva cun gran número de nenos e nenas da parroquia… pretendemos ser unha parte activa e dinamizadora da zona. Por iso, consideramos que a nosa actividade podería ser moi positiva para os alumos e alumnas do colexio, xa que lles permitiría, a eles e as súas familias, entrar a formar parte desta importante rede social.
Así mesmo, consideramos que a práctica deportiva presenta uns innegables beneficios para a saúde física e mental, en especial a dos cativos. A práctica dun deporte de equipo, inculca unha serie de valores, como son a tolerancia, o respeto, a deportividade, a superación… que son vitais para o desenvolvemento persoal. A través da nosa participación, incluriamos estes aspectos na formación dos cativos.
Polo citado anteriormente, plantexamos para o curso 2024/2025, unha actividade extraescolar de fútbol sala, mediante a cal buscamos fomentar o deporte entre os máis cativos, así como supor unha introducción ao fútbol.
Estará impartida por monitores do noso club, cunha ampla experiencia traballando na formación deportiva das categorías base, así como titulacións que acreditan a súa capacidade.
Ser socio da ANPA do CEIP Juana de Vega é requisito indispensable para poder apuntarse á esta actividade, cubride co voso número de socio o campo habilitado no formulario.
Cota fixa de 17,5€/mes.
Descontos.— 5€ para segundos irmáns e sucesivos.
— 5€ para socios do Club Atlético San Pedro (non acumulable ao desconto de irmáns).
Os recibos pasaranse polo banco entre os días 1 e 5 de cada mes na conta que indiquedes. No caso de baixa deberase comunicar antes do día 20 do mes.
A actividade levarase a cabo os MARTES e XOVES en 2 grupos
16:00/17:00 — Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto de Educación Primaria.
17:00/18:00 — Educación Infantil* e Primeiro e Segundo de Educación Primaria.
*Nados en 2021 ou 2020 exclusivamente
Correo electrónico:
atleticosanpedro@yahoo.es
Redes sociais:
Instagram — @atleticosanpedro
Whatsapp ou chamada:
717 11 77 23
Os campos marcados con * son obrigatorios.