O enfoque da actual directiva na chegada ao club fai máis de 10 anos aínda está presente hoxe, o futuro do Atlético San Pedro pasa polo traballo coas categorías inferiores.
Podemos dicir con orgullo que nos últimos anos, como resultado deste traballo, o club logrou ser representado en todas as categorías de base, desde iniciación (desde 3 anos) ata xuvenís (ata 18 anos), e por suposto equipo de modestos.
Non é doado ter tantos equipos no club, para acadalo tórnase imprescindible a axuda de colaboradores, socios, patrocinadores, xogadores, adestradores, etc. Sen eles sería imposible levar o club adiante e pouco a pouco acadar o obxectivo de ser unha referencia sobre a forma de traballar e, se acompaña a sorte, tamén en termos de resultados deportivos.
Na actualidade, son moitos os integrantes do club que realizan varias funcións para poder dar servizo a todas elas.
Todos e cada un dos adestradores do noso fútbol base dispón polo menos do título de Monitor de Fútbol Base, obrigatorio pola Federación Galega de Fútbol para adestrar en calquera das categorías de fútbol base do ámbito comarcal, ademais de nalgúns casos dispoñer do título de Nivel I ou Nivel II de Técnico Deportivo en Fútbol. Entre os nosos integrantes tamén temos varios graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (INEF) ademais de Técnicos con formación en Orientación e diversas ramas da saúde como a Psicoloxía, a Preparación Física ou a Medicina.
Concesión de subvencións para a promoción e difusión da cultura e o deporte, ano 2023. ENTIDADES DEPORTIVAS E FÚTBOL.Nº expediente.- 2023/EGFAB/000099, 2023/EGFAB/000100BDNS (Identif.): 695242
XANEIRO-XUÑO: FEMENINA (LIGA GALEGA 1ª E 2ª), FEMENINA (demais categorías), SENIOR 2ª GALICIA, SENIOR 3ª GALICIA, XUVENIL (2 equipos), CADETE (2 equipos), INFANTIL (2 equipos), ALEVÍN (2 equipos), BENXAMÍN (2 equipos), PREBENXAMÍN.
SETEMBRO-DECEMBRO: FEMENINA (LIGA GALEGA 1ª E 2ª), FEMENINA (demais categorías), SENIOR 2ª GALICIA, SENIOR 3ª GALICIA, XUVENIL (2 equipos), CADETE (2 equipos), INFANTIL(2 equipos), ALEVÍN (2 equipos), BENXAMÍN (2 equipos), PREBENXAMÍN (2 equipos).
Importe: 7.000,00€
Dende o Club Atlético San Pedro queremos agradecer ao Concello de Oleiros a súa colaboración coa nosa entidade e no fomento do deporte local.
Ver documento
Resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención correspondente á convocatoria do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial, ou autonómico durante o ano 2022.
Cod. Exp.: 202200009940
Obxecto da subvención: Financiamiento de gastos derivados da competición federada de fútbol de ámbito provincial.
Importe: 3.500,00€
Dende o Club Atlético San Pedro queremos agradecer ao Servizo de Acción Social, Cultural e Deporte da Deputación Provincial de A Coruña a súa colaboración coa nosa entidade en fomento do deporte local.
RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 30 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concurrencia non competitiva, a clubes deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenrolo de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenrolo da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR945C).
Importe: 1.519,97€
Dende o Club Atlético San Pedro queremos agradecer á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a súa colaboración coa nosa entidade e no fomento do deporte local.
RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 14 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A).
Obxecto da subvención: Axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional, axudas para a compensación de minoración de ingresos.
Importe: 2.324,94€
Dossier
Subvencións